Boa tarde a tod@s.
vou pasar a poñer o material escolar deste curso , idelo traendo según se necesite , podedes ir preparando as portadas das libretas , e según o horario traer solo o necesario. Recordade que so tedes o voso pupitre para gardar as cousas.
( o venres van darse as circulares en papel , tamén o material )
Curso 2020 - 2021
RELACIÓN DE MATERIAL
ALUMNOS/AS DO2º NIVEL DO 3º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA (6ºA)
Resaltar que é un obxectivo fundamental a acadar cos nosos alumnos e alumnas o máximo aproveitamento dos materiais escolares. Por esta razón é moi interesante seguir utilizando os materiais que se teñan do curso pasado
Recordando os momentos que estamos a vivir por mor da COVID -19 .
KIT COVID :
Máscara de reposto gardada nun estoxo ou saquiño + Unha botella de auga .(Este Kit hai que traelo cada día o colxio.)
Tamén tedes que traer outro estoxo ou riñonera para gardar a máscara que estades a usar, durante a merenda do recreo , ou no comedor.Unha vez rematado de comer hai que volver a poñela.
A) LIBROS DE TEXTO : E - DIXGAL – tendo en conta o momento que vivimos coa pandemia do Covid- 19, este curso vamos continuar cos cadernos de Lingua e de Matemáticas , para completar a formación destas materias , o mesmo que no curso anterior , pero por mor da seguridade sanitaria considero que é mellor comprar cada nen@ o seu caderno , e non facer as típicas fotocopias . Serían os seguintes :
Caderno Lingua 6 primaria .Proxecto SABER FACER.
Ed. SANTILLANA OBRADOIRO
ISBN 978-84-9972-528-4
Cuaderno
Matemáticas ( primer trimestre , segundo trimestre , tercer trimestre )
PROYECTO SABER FACER .
Ed.SANTILLANA
ISBN 978-84-680-1480-7
(Sería un caderno de Lingua , e tres de Matemáticas , un por trimestre)
Traer un libro de lectura (este curso non hai servicio de biblioteca , non se pode compartir nada, Pode ser en Lingua Castelá , ou Lingua Galega.
B) CADERNOS :
§ 2 libretas de espiral, tamaño folio, dunha raia, con marxe.(LINGUAS)+ 2 carpetas finas para gardar fichas ,todo marcado con nome da materia e alumn@
§ 1 libreta de espiral, tamaño folio, cuadriculadas, con marxe.(MATES)+ 1 carpeta fina marcado co nome da materia e alumn@
§ 1 libreta de espiral, tamaño folio, cuadrícula, con marxe.(Inglés) + 1 carpeta fina para gardar fichas , todo marcado co nome da materia e do alumn@
§ 1 libreta delgada de grampas, tamaño cuartilla, dunha raia, con marxe.(Relixión).
§ 2 libretas de espiral , tamaño folio , dunha raia , con marxe (NATU , SOCI) + 2 carpetas
Finas para gardar fichas , marcadas co nome.
( vale a material sobrante de 5º )
§ MÚSICA :
- Fotocopia a cor dunha foto carnet actual co nome e clase na parte traseira.
- Carpeta fina de gomas tamaño A4 marcada co nome, clase e materia (Música ).Vale de cursos anteriores.
- Bolsiña pequena(de calquera tipo)na que deben vir os materiais individuais que empregaremos como instrumentos:
dous paíños chinos , un vaso de plástico duro e dous tapóns de botella do mesmo tamaño.
EDUCACIÓN FÍSICA :
Neceser con toalla ( pequena ) e xabón líquido, o calzado deportivo que veña posto da casa.
C) MATERIAL XERAL DE USO DIARIO : Que deben ter sempre na clase en bo estado.Por mor da pandemia Covid -19 non se pode compartir nada.
§ Estoxo ou cartucheira
§ 1 lapis do 02 (Staedtler- Noris), 1 afialapis e 1 goma de lapis (tipo “Milan”)
§ 1 bolígrafo azul, 1 negro e 1 vermello
§ 1 barra de pegamento tipo Pritt
§ 1 caixa de lapis de 24 cores
§ Rotuladores de cores( punta grosa e fina) (voluntario)
§ 1 perfilador negro de punta fina (0,5)
§ Regra pequena, graduada e de lectura fácil, de 30 cm, escuadro e cartabón
§ 1 transportador de ángulos (semicírculo graduado) e 1 compás.
§ Unhas tesoiras pequenas.
§ Axenda escolar.(pode ser a do colexio , ou outra )
§ Pen drive e cascos.( Alguen ten os cascos no colexio , sirven , non tedes que mercar outros)
§ Unha bolsa de tela ou papel para ter colgada no pupitre , donde ides ter os cascos e as regras .. ( Alguen xa a ten no colexio , do curso pasado )
(todo debe traer o nome do alumn@)
E) MESTRES/AS QUE IMPARTEN CLASE A ESTE GRUPO DE ALUMNOS/AS
MESTRE/A |
|
MATERIA QUE IMPARTE |
Josefa Fernández Rodríguez…. María Begoña Beiro Pérez Nerea Seijoso Rey Antonio Pardo Basto Ana Mª Real |
|
Mestra Titora (Mates,Lengua C., lingua,Natu,Soci,Valores) Inglés Música E.F. Relixión
|
F)OUTRAS INFORMACIÓNS DE INTERESE:
1.- A xornada escolar será de 9 a 14 h.
2.- As reunións de pais serán por videconferencias , ou explicación por teléfono.
Non poden ser presenciais.
3.- As entrevistas coas familias , teléfono ou videchamada. No presenciais , salvo algo puntual.
( Protocolo da Xunta )
Saúdos .
Titora 6º A
11setembro de 2020